Máis de 2500 persoas acudiron á manifestación convocada pola Plataforma Incineradora no Deza Non o sábado día 7 no Irixo; tendo en conta o pequeno tamaño do concello, iso constitúe unha gran marea: un mar de persoas que están en contra da apertura dunha incineradora no Irixo.
Entre elas atopábanse, como non pode ser menos, socios e simpatizantes de EQUO Galicia. Con anterioridade á manifestación, as tres mesas provinciais Galegas que son activas neste momento (Pontevedra, A Coruña e Ourense) pronunciáronse oficialmente para mostrar o seu apoio á plataforma e para posicionarse en contra da incineración como forma de xestión de residuos, tanto no Irixo coma en calquera outro lugar.
A Coordinadora Veciñal Incineradora no Irixo Non publicou o seguinte comunicado trala manifestación.
Este é un resumo do acontecido ata agora de Galicia Confidencial.
Por último, podedes asinar a petición de Actuable en contra da incineradora no Irixo aquí.
NON Á INCINERACIÓN!

