Os grandes lobbies europeos e estadounidenses están a negociar ás nosas costas un Tratado de Libre Comercio (o coñecido como TTIP, polas siglas en inglés de Tratado Transatlántico de comercio e investimento EEUU-UE) que representa o triunfo dos poderes financeiro e empresarial sobor dos poderes político e cidadán.
A enorme repercusión que podería ter o TTIP no noso medioambiente (fracking, transxénicos, etc.), na calidade sanitaria dos produtos que consumimos (alimentos, menciñas e produtos químicos) e tamén polo auténtico mazazo que suporía para a gandaría e agricultura galega, moito máis sostible e que permite certa soberanía alimentaria para nós, fai que en EQUO Galicia opoñémonos, xunto a outros moitos colectivos e a unha gran parte da cidadanía, a este «interesado invento».
Durante todo o día de hoxe hai concentracións en moitas cidades europeas, incluíndo varias en Galicia, para mostrar o noso rexeitamento a este acordo que só busca favorecer os intereses das grandes corporacións.
A cibercampaña co hashtag #NoAlTTIP leva xa unha semana tratando de dar visibilidade a este importante problema que queren crear os nosos gobernantes. Súmate e difunde!
Tedes máis información sobre o TTIP e algunhas destas mobilizacións de protesta en páxinas como as da organización ATTAC, como esta de ATTAC Coruña: http://attaccoruna.wordpress.com
As seguintes imaxes corresponden á campaña de sensibilización e información que EQUO ven desenvolvendo en toda España sobre o que se nos ven enrriba:




#NONaoTTIP http://noalttip.blogspot.com.es