O grupo parlamentario de Máis País-Verdes Equo presentou unha batería de emendas aos Presupostos Xerais do Estado. Nestas propostas inclúese unha emenda para a execución da variante o “bypass” de Betanzos. Esta reforma da liña ferroviaria entre A Coruña e Ferrol melloraría os tempos de viaxe e permitiría utilizar o tren como medio de transporte na área do golfo ártabro e Ferrolterra.
O tren de proximidade e a implantación dos servizos de Cercanías deben ser o futuro desta liña, que percorre áreas de poboación densamente pobladas, nas que o uso do vehículo privado é predominante. O tren de proximidade é a solución a moitos problemas de mobilidade. Agora máis que nunca, necesitamos medios de transporte sostible.
En VERDES EQUO apostamos polo tren como medio vertebrador do territorio. Somos membros da Plataforma en defensa do tren da Coruña e As Mariñas dende o seu inicio. Queremos tren !