Do 21 ao 27 de novembro é a Semana de Loita das Plataformas en defensa do ferrocarril convencional. A Plataforma en defensa do tren da Coruña e As Mariñas, da que forma parte VERDES EQUO Galicia, realiza accións durante a semana e como remate unha concentración o domingo 27 ás 19h. na estación do ferrocarril da Coruña.
Queremos tren de calidade, queremos un transporte público que vertebre Galicia con frecuencias e servizo digno. Denunciamos a precariedade da estructura do Ferrocarril, as malas frecuencias, a falta de accesibilidade.
Imaxinades poder chegar dende Pontedeume, Miño, Betanzos, Cambre, O Burgo, Monforte de Lemos, Lugo, Rábade, Baamonde, Guitiriz, Curtis, Teixeiro, Cecebre, Oza dos Ríos… e tantas paradas que poderían ser accesibles ao Campus Elviña á Universidade, a Coruña ao traballo, ou a disfrutar do ocio no tren? É posible.
Temos vías, queremos cercanías!