A Asemblea de Verdes EQUO Galicia marca a folla de ruta para o ano 2024

Verdes-EQUO Galicia, representante do Partido Verde Europeo en Galicia, celebrou o 11 de novembro, en Santiago de Compostela, a súa Asemblea para definir as principais liñas de traballo dos próximos meses e, en especial, deste vindeiro 2024, ano electoral en Galicia.

A Asemblea aprobou un decálogo de prioridades do ecoloxismo político para un vindeiro goberno verde e de progreso na Xunta de Galicia. Neste decálogo inclúense 5 proposta para coidar ás persoas, xunto a 5 propostas para coidar o medio no que vivimos.

Ademais, tamén de cara ás Galegas 2024, decidiuse enfocar o inminente traballo programático en dous puntos principais: mobilidade e enerxía. O resultado deste traballo, xunto ao decálogo xa aprobado, serán os documentos que marcarán a folla de ruta de Verdes-EQUO Galicia na conformación dunha candidatura para estes fundamentais comicios.

A Asemblea tamén aprobou os contactos a establecer con outras organizacións de cara ás eleccións ao Parlamento Galego de 2024.

O obxectivo é introducir a axenda do ecoloxismo político nun goberno verde e de progreso para Galicia, axudando a que o necesario cambio sexa posible.

Parlamento de Galicia