VERDES EQUO Galicia únese ás peticions de colectivos ecoloxistas, plataformas e partidos, a instar á Xunta de Galicia e ao Ministerio para a Transición Ecolóxica, a activar un plan especial ante o vertido de millones de partículas de componentes plásticos nas costas galegas.
Ante a pasividade das institucións, exisimos á administracións con competencias a que se poñan de acordo e organicen un plan de recollida dos sacos que aínda seguen no mar, e que eviten a chegada á costa e poidan desintegrarse en miles de partículas. Sería moito máis doado a recollida dos sacos mediante a flota de salvamento marítimo e da Conselleria do Mar.
Mais felicitamos á plataforma “Noia limpa” por ser a primeira asociación en dar o aviso deste vertido, poñendo de manifesto a falla total de protocolo na pérdida de mercadoría dos miles de buques que utilizan as nosas costas.
Dende VERDES EQUO creemos que situacións como esta deben regularse e contar con estas directrices:
– Os barcos deben comunicar estes incidentes e deberían ter localizados cun dispositivo GPS todos os seus contenedores, a fin de localizar a carga en caso de pérdida o vertido.
– Salvamento marítimo debe ser o responsable de recollelos. Así evitaríase a súa chegada á costa e a contaminación que poidera ocasionar.
– A naviera responsable debe participar no dispositivo e aportar medios para minimizar o seu vertido.
– A compañía aseguradora da carga debe asumir os gastos da súa retirada.
Agora solo desexamos que se poidan recuperar a maioría de sacos intactos xa que a súa rotura crearía un problema ambiental moi difícil de avaliar e podría perdurar ao longo de moitos anos.
Solicitaremos ás administracións a posta en marcha do protocolo de emerxencia de vertido.