A metade da poboación refuxiada no mundo por mor das guerras, crise climática, desastres naturais, fame e violencias de toda índole son nenos e nenas menores de dezaoito anos. Isto é, unha infancia vulnerable constantemente en tránsito. Os perigos sobre eles medran exponencialmente. As organizacións humanitarias que traballan coa infancia e a mocidade alertan dos riscos crecentes neses escenarios sen control: secuestros, explotación sexual, tráfico de órganos, a deterioración da saúde mental e física…
Un ano máis, Rede ACAMPA pola Paz convida á cidadanía a reflexionar sobre todo iso, e sobre coma abordalo dentro do marco dos Dereitos Humanos e o Dereito Internacional Humanitario, no Encontro Internacional Acampa pola Paz do mes de xuño na Coruña.
VERDES EQUO Galicia forma parte un ano máis da Rede Acampa e anima a asistir aos actos programados. Toda a información na web de ACAMPA