1. Benvida e presentacións (isto último de ser preciso)
2. Novas sobre EQUO Galicia, a Mesa Federal e a Comisión Xestora.
3. Revisión da Orde do Día proposta para asemblea da Mesa Federal do 25 de febreiro en Madrid.
4. Revisión dos documentos que se mencionan nos puntos 2, 6 e 7 da Orde do Día. O documento de reforma da Equomunidade xa o podedes consultar e modificar aquí (debate aberto nos tres grupos galegos). Os outros documentos serán remitidos cando os teñamos, que será o día 18 como moi tarde, e nós temos ata o día 24 para enviar modificacións a eses documentos.
5. Debate sobre o VUT (Voto Único Transferible) como sistema electoral para EQUO. Máis info aquí.
Adicionalmente, existe unha proposta dun grupo de socias e socios de EQUO na Comunidade Valenciana para que se inclúa na Orde do Día da próxima asemblea da Mesa Federal un punto específico sobre o conflito nesa comunidade. O prazo para incluír puntos da Orde do Día de dita asemblea é ata o 18 de febreiro, co que precisamos actuar coa máxima urxencia. Aquí tedes un debate sobre a proposta en cuestión (aberto nos tres grupos galegos), no que podedes participar, e aquí unha enquisa (só para as socias, socios e simpatizantes de EQUO Pontevedra).
Agardámosvos o día 23, e se non podedes acudir, non dubidedes en facer as vosas achegas a través das ligazóns que puxemos á Equomunidade.
Un saúdo equánime,
Xiana García Freire
Coordinadora Provincial
Coportavoz na Mesa Federal
EQUO Pontevedra
Ti es EQUO, xuntos somos máis EQUO