O colectivo GALICIA MELLOR SEN TOURADAS convoca a unha manifestación contra as touradas na Coruña:
5 de outubro – 12 h. Obelisco
EQUO Coruña recrimina a postura do concello pola nova concesión da matanza de touros.
EQUO A Coruña mostra o seu rexeitamento fronte á nova concesión dun evento de maltrato animal na cidade, subvencionado de novo de forma indirecta con cartos públicos.
Tras quedar deserto o anterior concurso o concello volveu sacar un novo prego de condicións no que se impuxo un canon a pagar pola empresa organizadora cun importe ridículo (1000€), pero mantendo os anteriores conceptos a cargo de fondos públicos.
