Unhas 250 explotacións ecolóxicas galegas, inscritas no Consello regulador de produción ecolóxica, pódense quedar fóra das axudas por unha mala xestión da Xunta de Galicia.
A Plataforma de Produtores Ecolóxicos de Galicia está a reclamar que ningún produtor que solicitou as axudas quede fóra dos fondos da PAC. A orixe deste problema está en que a Xunta non destinou os fondos suficientes para concedelos ás explotacións solicitantes.

Xa estamos afeitos a que a Xunta nos anuncie con campañas de publicidade institucional toda unha serie de boas palabras sobre as excelencias do producido en Galicia, sen que iso tradúzase nun apoio real e eficaz. A produción en ecolóxico é fundamental para garantir un futuro sostible de moitas explotacións agrícolas e gandeiras. E é un novo mercado de negocio e de traballo con produción local que crea emprego e riqueza na nosa contorna máis próxima, evitando o despoboamento e o empobrecemento das zonas rurais. Ademais de beneficiarnos como sociedade de contar con produtos saudables para consumir.
É imprescindible que as institucións públicas apoien dunha maneira real a estes produtores. Desde VERDES EQUO Galicia apoiamos ás explotacións ecolóxicas nas súas demandas e esiximos á Xunta de Galicia que realice as xestións oportunas para que non haxa solicitantes que queden fóra das axudas prometidas.
O ecolóxico é o futuro!
O futuro debe ser sostible!