Europa, emprego e xuventude
A Rede EQUO Xove (RQX), referente da mocidade de EQUO Galicia e representante galega da organización política Red EQUO Joven, quere darse a coñecer á poboación galega co seu primeiro acto público oficial, e seguir así a avanzar na consolidación do partido verde EQUO en Galicia.
«Europa, emprego e xuventude», lema baixo o que se celebra este acto, servirá non só como presentación da RQX, senón tamén para debater sobre o actual devir da Unión Europea e as propostas e o proxecto que a Rede, EQUO e o Partido Verde Europeo temos para Europa.
Será o luns 17 de marzo ás 19h na biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. Canta máis xente participe, máis debate e con máis ideas poderemos continuar a traballar, polo que contamos coa túa presenza para facelo posible. Axúdanos a darlle a volta á actual democracia e a facer que por fin a cidadanía se implique e participe dun xeito real e efectivo.
Tes máis información sobre o evento nesta entrada do blog da RQX: http://redeequoxovegalicia.blogspot.com.es/2014/03/rede-equo-xove-rqx-animara-aos-cidadans.html
Para unha maior difusión da actividade tamén creamos este evento na rede social Facebook: https://www.facebook.com/events/220551341473406
Compárteo e axúdanos a difundilo!
