O 15 de decembro non foi día para quedar na casa. Había que berrar forte ALTRI NON !!
Non queremos ese modelo que chucha a vida da nosa terra e baleira as nosas aldeas para enriquecer a uns poucos.
A voz do pobo debe ser escoitada pola Xunta de Galicia. Os proxectos como Altri non traen riqueza, destrúen o territorio e deixan sen futuro á xente.
Alfonso Rueda quérenos vender con palabras de progreso un proxecto xa caduco e deostado noutros países como Portugal. Diñeiro público para alterar o equilibrio humano e ambiental da Ulloa, para contaminar unha contorna no que conviven explotacións familiares que dan emprego e asintan a poboación da zona. Diñeiro público para consumir grandísimas cantidades de auga do leito do Ulla e para verterla á ría de Arousa.
VERDES EQUO Galicia seguiremos apoiando ás plataformas e loitando xunto a numerosos colectivos e organizacións veciñais e ambientais para que este proxecto non sexa unha realidade.
ALTRI NON !!
