Ante o terrible atentado ecolóxico e o desastre das poboacións rurais afectadas que estamos sufrindo en Galicia, VERDES EQUO Galicia quere manifestar que :
As administracións deben poñer ao servicio da poboación e do territorio todos os medios necesarios para atallar o lume, coste o que coste. Non pode ser que moitos núcleos rurais non sexan defendidos por ningún equipo de extinción e que sexan os veciños os que se xoguen a vida intentando salvar ás súas casas e as dos seus veciños.
Estamos a vivir as consecuencias da non implantación das medidas anti incendios da Xunta de Galicia, que obrigaba á non continuidade das masas forestais pirófitas, a manter limpas destas especies as vías de comunicación en 50 m a ambos lados e a controlar a biomasa que rodea os núcleos de poboación que a Xunta estableceu en 500 m de calquera vivenda. O incumprimento das propias medidas da Xunta foron o detonante da grande afección desta desgraciada vaga de lumes. Como sempre dicimos, os incendios tamén se apagan no inverno.
Estas son as consecuencias do negacionismo do cambio cambio climático global e que estamos padecendo especialmente en zonas onde aínda conservamos masa forestal. A transición enerxética e o abandono de combustibles fósiles e actividades que acentúan os gases de efecto invernadoiro deben ser inmediatamente substituidas por alternativas sostibles e non contaminantes para intentar revertir esta situacións de altas temperaturas e falta de chuvias que propician estos lumes incontrolable.

Neste momento o único importante é salvar tódolos pobos en risco. O seguinte é blindar os lugares de importancia natural en risco como Courel e o parque do Invernadoiro evitando que o lume chegue ata eles.
E, o máis importante, dotar un orzamento suficiente para a recuperación de vivendas, granxas e edificacions rurais para que a poboación recupere a normalidade o antes posible, sen escusas e burocracia paralizadora. A poboación afectada que perdeu todo non é a culpable da nefasta xestión e planificación forestal nin da falta de medios de extinción.
Nun goberno autonómico razoable extraeriamos conclusións e aprendizaxes para ir mellorando ano a ano pero, desgraciadamente, parece que logo de 25 anos de goberno do PP na Xunta cada ano imos a peor, aos feitos nos remitimos.
Estanos a tempo de evitar o maior desastre de Galicia. As administracións deben poñer todo o seu potencial nesta loita.