Tal como se acordou na asemblea do 5 de setembro, comezamos o proceso para elexir a Mesa Territorial de EQUO Pontevedra, que deberá estar formada por catro persoas en paridade. O home e a muller con máis votos serán os covoceiros de EQUO Pontevedra.
Envía a túa candidatura á equopontevedra@proyectoequo.org co asunto “candidatura”. Indica o teu nome completo, foto e unha breve reseña persoal, por exemplo do que tes feito en EQUO e o que esperas aportar. Se o desexas podes incluir o teu nick da equomunidade ou doutras rede social. Tes ata o vindeiro venres 18 para enviar a túa candidatura.
As persoas afiliadas a EQUO na provincia de Pontevedra poderán ser candidatas. As persoas afiliadas e simpatizantes rexistradas de EQUO na provincia de Pontevedra poderán exercer o seu dereito a voto.
Calendario do proceso electoral:
12 ao 18 outubro: recepción de candidaturas.
19 outubro: publicación na web e na equomunidade de lista provisional
20 e 21 out: periodo de reclamacións, envia a túa reclamación ao enderezo-e equopontevedra@proyectoequo.org co asunto “reclamación”.
22 out: publicación de lista de candidaturas oficial, na web e na equomunidade, enviaremos un correo-e coas indicacións para a votación en liña.
23 ao 25 out : votación en liña
26 outubro: asemblea con voto presencial e ratificación da mesa elexida.
Podedes seguir o proceso electoral na web e neste fío da equomunidade: http://www.equomunidad.org/gl/discusion/2013-outubro-eleccions-mesa-territorial-de-equo-pontevedra
Podedes consultar o calendario de EQUO Pontevedra nesta ligazón: https://docs.google.com/spreadsheet/ccc?key=0AuED54bDmtJ-dElndDF6VG5wc25MN05OZ2psc3hOeGc#gid=0
