Encontro estatal de plataformas en defensa dun tren que vertebre o territorio

A Coordinadora Estatal por un Tren Público, Social e Sostible e Alianza por el Clima, organizan esta fin de semana un encuontro estatal en defensa do ferrocarril. Nesta xuntanza participa a Plataforma en defensa do ferrocarril A Coruña e As Mariñas, da que forma parte VERDES EQUO Galicia.

O encontro ten como obxetivo deseñar as estratexias de actuación, tanto de mobilización social como de incidencia institucional, das diferentes plataformas en favor de políticas de mobilidade sostible baseadas no transporte ferroviario.

O programa do encontro inclúe sesións plenarias e grupos de traballo nos que abordaranse temáticas sobre o ferrocarril como ferramenta para vertebrar os territorios e reducir as emisións do sector do transporte en España. Os temas a debate e aprobación van dende as estratexias de actuación conxuntas sobre a importancia dun adecuado servizo ferroviario no ámbito rural; sobre cómo incidir nas políticas de transporte ferroviario do Ministerio de Transportes; sobre as iniciativas xudiciais e institucionais en favor do ferrocarril; e sobre a propia articulación das plataformas de defensa do ferrocarril para reforzar a súa capacidade de actuación. Por suposto, no encontro terá unha importancia destacada a conexión entre transporte ferroviario e loita contra a crisis climática.

Estes días de traballo rematarán cunha concentración a favor da reapertura do tren convencional que pasaba por Cuenca. A posta en funcionamiento da liña do AVE Madrid-Valencia foi a excusa para que o Ministerio de Transportes decidira pechar esta histórica liña e deixar sen servizo ferroviario á poboación do rural.

A Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas defende a inversión nun ferrocarril público, social e sostible; a implantación do tren de Proximidade entre A Coruña e Ferrol, e a mellora doutras liñas esquecidas, como a liña A Coruña-Lugo ou o tren de vía estreita entre Ferrol e Ribadeo.

A nosa representación en Cuenca ten todo o noso apoio. Agora e sempre, QUEREMOS TREN !!