En Galicia terán lugar diferentes actos o Día Global de Acción contra os tratados TTIP, CETA e TISA. Acude!
Pola mañá haberá CONCENTRACIÓNS en:
#Pontevedra. 12 horas. Concentración na praza da Peregrina.
#ACoruña. 12 horas. Concentración na praza de Lugo. A concentración rematará ás 12.45 coa lectura do manifesto.
#Ferrol. 12.30 horas. Concentración na praza de Armas.
E pola tarde, EQUO CONVOCA unha MOBILIZACIÓN, xunto con a CG da Marcha Mundial das Mulleres, Adega, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Asemblea de Movementos Sociais de Vigo, entre outras, en #Vigo ás 20 horas que partirá da Farola de Urzaiz, baixará por Colón e dirixirase por Policarpo Sanz ata a Porta do Sol.
