
EQUO, ESQUERDA UNIDA E PODEMOS AVANZAN NAS NEGOCIACIÓNS PARA UN POSIBLE ACORDO NAS VINDEIRAS MUNICIPAIS.
Lugo, 4 de xaneiro de 2019
Representantes de EQUO Lugo, do Consello Local da Agrupación Local de Esquerda Unida e do Círculo Podemos de Lugo veñen de manter na sede de EU Lugo a segunda reunión do calendario de negociacións de cara a acadar un acordo para concurrir ás vindeiras municipais. Os termos da negociación atópanse dentro do marco federal pactado entre as tres organizacións e aprobado pola maioría da militancia das mesmas.
Na reunión analizouse o contexto político actual do municipio e perfiláronse as bases programáticas para unha alternativa de goberno de esquerdas, feminista, ecoloxista e que aposta pola radicalidade democrática, a participación cidadá e a absoluta rexeneración da xestión local para dar carpetazo dunha vez por todas ás prácticas corruptas e clientelares da administración municipal.