En VERDES EQUO Galicia apostamos por unir esforzos. Por iso apoiamos as iniciativas que concordan cos nosos obxetivos, para xuntos acadar as metas compartidas:
Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas
Participamos nas actividades desta plataforma que demanda melloras no tren convencional e a implantación do tren de Proximidade (Cercanías) na liña A Coruña-Ferrol, como elemento esencial da mobilidade sostible na comarca das Mariñas. O tren de debe seguir sendo un medio de transporte público, social e sostible, para persoas e mercadorías.
Plataforma contra as Fumigacións
En VERDES EQUO apoiamos á plataforma contra as fumigacións pola inutilidade destas para loitar contra as pragas do eucalipto e polo seu enorme impacto, perigo e toxicidade nas persoas e no medio ambiente.
Como alternativa inmediata propoñemos seguir coa loita biolóxica que se está a desenvolver, usando en casos puntuais produtos que non sexan tóxicos para as abellas.
A medio prazo, hai que cambiar o modelo da nova lei de montes, que busca incidir no monocultivo de especies de crecemento rápido e o abandono do campo pola nosa sociedade e que provocará máis pragas, degradación de recursos, falta de emprego e aumento dos lumes. A produción de madeira de calidade, a xestión sostible das fragas e augas continentais e dos múltiples recursos que estes proporcionan son o xeito de acadar unha economía dinámica e creadora de emprego, buscando o aproveitamento múltiple do monte, a súa posta en valor para propietarios e veciños e o desfrute das futuras xeracións.
Plataforma Galega Contra a Incineración e pola Reciclaxe
Desde VERDES EQUO traballamos por unha Lei de Deseño de embalaxes que reduza a producción masiva de residuos nos fogares galegos. As máximas a seguir son as 5R: reducir, mediante un deseño adecuado das embalaxes, a comercialización a granel e un consumo responsable, Reutilizar, por un uso xeralizado de sistemas de retorno ou venda a granel; Reparación, por ampliar a vida dos nosos obxetos; Redistribución, porque cando un xa non precisa de algo para outro pode ser útil aínda, e por último, Reciclaxe, un bo diseño sen mezcla de materiais facilita a reciclaxe e que os recursos non se perdan.
Lonxe deste sistema de xestión de residuos responsable que reduciría as necesidades enerxéticas e de materias primas que crearía emprego nas súas diferentes fases está a aposta pola incineración da Xunta de Galicia. VERDES EQUO xunto a Plataforma Galega contra a Incineración e pola Recliclaxe apostamos por alternativas sostibles a longo prazo que non hipotequen o futuro de ningún galego.
Plataforma Galega Antitransxénicos
Porque non garanten a nosa saúde, porque poñen en perigo a biodiversidade, porque non é certo que se precisen para loitar contra a fame, pola soberanía alimentaria, desde Equo apostamos por unha Galicia libre de transxénicos. E facémolo apoiando á Plataforma Galega Antitransxénicos.
Asociación Monte Pindo Parque Natural
Desde VERDES EQUO Galicia apostamos polas iniciativas que procuran por en valor os nosos recursos naturais pensando na sostenibilidade. A proclamación do Monte Pindo como Parque Natural sería un xeito de protexer a súa contorna así coma apostar polo futuro respetuoso coa nosa xeografía.