Mobilidade sostible: xa o fixemos no Concello da Coruña !

No Día Mundial sen coches, xornada que nos convida acambiar os nosos hábitos de mobilidade, queremos poñer de manifesto as políticas verdes levadas a cabo na Concellaría de Mobilidade Sostible do Concello da Coruña, na pasada lexislatura. Esta Concellaría, dirixida por Daniel Díaz Grandío, membro de VERDES EQUO, realizou grandes avances na mobilidade sostible da cidade.

Non son só ideas, a ecoloxía política é posible se temos a posibilidade de facela realidade. Tan só foi unha lexislatura (2015-2019), pero suficiente para avanzar a unha cidade donde sexa máis doado moverse en bici para traballar, estudar ou ir de compras.

A baixada do prezo do bus urbano, a gratuidade para os menores de 13 anos e o transbordo gratuito entre todas as liñas do bus, supuxo un incremento de máis de 2.000.000 de viaxeiros anuais respecto a 2015.

O obxectivo dunha mobilidade sostible é reducir as emisións de gases nocivos e que as nosas vilas e cidades sexan máis saudables. A receita é clara e dende VERDES EQUO queremos aplicar a ecoloxía política nos nosos concellos.

Xa o fixemos no Concello da Coruña e podemos facelo en moitos máis !