Este modelo de gandería intensiva actúa dunha forma inhumana e trata ás galiñas coma se fosen máquinas de produción. Ademais a contaminación derivada da cría intensiva de galiñas produce residuos sólidos contaminantes e residuos líquidos contaminantes nas augas residuais e malos cheiros. Non é todo, este tipo de granxas producen enormes problemas de polución debido ás grandes cantidades de substancias contaminantes emitidas (nitróxeno, fósforo e xofre).
As condicións de vida nestas macrogranxas son totalmente inadecuadas: as galiñas teñen como base alimentos transxénicos, mutílanse unhas a outras polo espazo, polo alimento ou a comida, mesmo hai casos frecuentes de canibalismo entre elas. Os brotes de enfermidades infecciosas son constantes, para evitar que isto ocorra e para que produzan ao máis alto nivel, fornécenselles todo tipo de fármacos, que, á súa vez, transfórmanse en residuos (perigosos) presentes nos alimentos que deses ovos derívanse.
Este tipo de explotacións non son a solución de futuro que necesitan comarcas como a de Curtis. O futuro do medio rural debe basearse en proxectos sostibles, que dean emprego de calidade e xeren riqueza compatible coa conservación do medio.