O domingo 29 rematou en Ferrol a viaxe reivindicativa que comezou catro días antes en Bilbao, a favor dun tren público, social, ecolóxico, eficiente e sostible.
VERDES EQUO Galicia participamos no tramo Ribadeo-Ferrol, como membros da Plataforma en defensa do tren de A Coruña e As Mariñas.
O antigo FEVE necesita máis persoal, investimentos e frecuencias para que sexa unha alternativa real de mobilidade en Ferrolterra, Ortegal e a Mariña lucense. É un tren implantado no territorio que debe achegar calidade de vida ás poboacións que atravesa. RENFE debe cumprir as súas obrigas de servizo público e dar servizo á cidadanía de todo o territorio.
Para poñer de manifesto estas carencias, desde VERDES EQUO solicitamos a comparecencia da Ministra de Transportes para que responda ás nosas preguntas sobre a situación e o futuro do tren de vía estreita.