O grupo local de EQUO A Coruña rexeita rotundamente o formato que o Concello da Coruña quere implantar nas novas hortas de Novo Mesoiro, que se convertirán na segunda iniciativa de hortas urbanas no termo municipal. O investimento previsto polo Concello da Coruña para a súa construción rolda os 170.000€. […]
Unha vez máis un circo onde o espectáculo se centra na exhibición e doma de animais salvaxes acude a cidade olívica. EQUO Pontevedra diríxese á concelleira de Medio Ambiente do Concello de Vigo Chus Lago para que tome medidas. Os espectáculos dos circos poden parecer pouco violentos, porén para os […]
Con motivo da inauguración da lexislatura, Alternativa Galega de Esquerda convocou a cidadanía para que acompañase aos parlamentarios. Neste acto fíxose visible que cos 9 deputados de Alternativa entra o pobo no Parlamento Galego. EQUO Galicia estivo alí.