Rede EQUO Xove denuncia unha nova privatización na Coruña: o CMIX

A organización política Rede EQUO Xove Galicia denuncia que a  continuación da privatización do centro municipal  de información xuvenil da Coruña, moi empregado polas mozas e mozos da cidade non responde a outro motivo máis que o meramente mercantilista.

 

O PP, no seu afán privatizador, como xa está amosando no resto dos servicios públicos como a educación ou a sanidade, chega tamén ao CMIX, sen importarlle o máis mínimo a perda de servizos e a peor calidade dos mesmos que traerá esta acción, a pesar dos 260.000 euros de orzamento.CMIX
En palabras da RQX, tampouco é o primeiro ataque das políticas do PP á mocidade, xa que temos que recordar tristemente como  Núñez Feijoo, coa súa Lei de Mocidade, fixo desaparecer o Consello da Xuventude de Galicia, ou como Mariano Rajoy está facendo desaparecer o Consello da Xuventude de España.

“Tanto Negreira como os seus compañeiros de partido  deberían preocuparse máis polas cifras de desemprego xuvenil e pola fuga  de cerebros que está a sufrir a sociedade española e menos por aniquilar os órganos de expresión da mocidade e os noso servizos públicos” afirma Pablo Otero, membro da RQX en A Coruña.

“Se o PP tivera a máis mínima intención de solucionar os nosos problemas, debería sentarse coa mocidade para falar, xa que  vivimos en primeira persona a problemática, ainda que xa sabemos  que non é o seu estilo, como amosou o Ministro Wert dando plantón ó estudantado español en tódalas reunións do Consello de Estudantes do Estado, órgano que él mesmo preside”.

A Rede EQUO Xove quere mostrar a súa oposición as concesións a empresas privadas dos servizos públicos, fomentadas non só por parte do Partido Popular. A RQX propón o impulso do CMIX, a ruptura da concesión feita polo Goberno socialista e pide a Negreira un aumento do orzamento do centro.

 A RQX Galicia é o referente xuvenil de EQUO Galicia, sexta forza política en Galicia tras as elección do 20N e membro de AGE. A RQX basea a súa acción política na ecoloxía política, a equidade social, os  Dereitos Humanos e a  democracia participativa.