EQUO Lugo apoia todalas movilizacións e actos en defensa da sanidade pública. É relevante que os cidadáns conten coa maior información posible neste ámbito e que podan participar nelas, polo que entendemos moi importante acudir os eventos que iste próximo fin de semana foron convocados en Monforte de Lemos pola mañá e en Lugo Capital pola tarde.
En Monforte as 12h no Campo de San Antonio foi convocada pola PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA unha manifestación en protesta pola negación da Xunta de Galicia de ter unha área integrada propia para Monforte, polo que o Hospital monfortino pasaría a depender da Xerencia provincial con sede en Lugo.
O evento vespertino é unha charla-coloquio que se celebrará en Lugo o próximo 16 de marzo foi convocada pola PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA de LUGO e coa colaboración da XUNTA DE PERSOAL DO HOSPITAL UNIVERSITARIO LUCUS AUGUSTI (Hula).
SOS SANIDADE PÚBLICA
CHARLA COLOQUIO
CONFLICTO SANITARIO EN MADRID; CAUSAS, DESENVOLVEMENTO DAS MOBILIZACIÓNS, PARALELISMO E COINCIDENCIAS COA SITUACIÓN SANITARIA EN GALIZA
Relatores
Isabel Gimeno
Médico Residente 4 de Pediatría do Hospital 12 de Octubre. Madrid
Carmen Garaizabal
Membro de PATUSALUD ( Plataforma de traballadores/as e usuarios/as pola saúde)
Luís López Álvarez
Traballador do Hospital 12 de Octubre. Madrid, e membro de PATUSALUD
Maribel García Díaz
Portavoz da Plataforma Sanitaria de Monforte
Modera
Sagrario Fernández Méndez
Membro da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública. Lugo
LUGAR: Salón de Actos da Deputación Provincial. Lugo
Día: 16 de marzo de 2013
Hora: 17 horas
ORGANIZA
PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA. LUGO
COLABORA A XUNTA DE PERSOAL DO HOSPITAL UNIVERSITARIO LUCUS AUGUSTI (Hula)