A ecoloxía política estará representada nas candidaturas de tres cidades galegas, con membros de VERDES EQUO formando parte das candidaturas.
En Ourense formaremos parte da coalición AGORA OURENSE. Esta candidatura é unha nova iniciativa para a cidadanía de Ourense nestas eleccións de 2023 e nela integrámonos diferentes forzas políticas que pretendemos melloras sociais, democráticas e sostibles para a cidade.
En Vigo participaremos de novo na coalición MAREA DE VIGO con varios representantes de Verdes Equo na súa lista de candidatos. Será a terceira convocatoria electoral na que participaremos nesta coalición progresista que concorre co obxectivo de repetir e aumentar a representación no pleno municipal.
Tamén por terceira vez participaremos na candidatura de confluencia MAREA ATLÁNTICA na Coruña. VERDES EQUO participamos nesta confluencia dende o seu inicio en 2015, na que o noso compañeiro Daniel Díaz Grandío formara parte do equipo de goberno na lexislatura 2015-2019, ao frente da concellaría de mobilidade.
En todas as candidaturas participamos con ilusións renovadas, achegando propostas en diferentes ámbitos para conseguir cidades e pobos máis verdes, feministas, sociais e xustos.